O BNG reclama renovar "o consenso" sobre o status do galego e o PP acúsaos de querer "o monolingüismo"

Os populares rexeitan coa súa maioría absoluta unha moción do BNG que pedía accións contra as listas de espera en sanidade

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 07/03/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O BNG lamentou que o PP rexeite "renovar" o consenso alcanzado hai 40 anos en torno ao proceso de normalización lingüística do galego nun contexto de perda de falantes e de uso, unha intención na que os populares consideran que os nacionalistas pretenden impor políticas para favorecer un "monologüismo" que "non ten cabida en Galicia".

A situación da lingua galega centrou unha do tres mocións debatidas na primeira xornada do pleno do Parlamento de Galicia, no que os populares empregaron a súa maioría absoluta para tombar o tres propostas levadas á sesión pola oposición.

O Parlamento galego nunha sesión plenaria
O Parlamento galego nunha sesión plenaria | Fonte: Xunta

A primeira, presentada polo BNG e apoiada polos socialistas, reclamaba, entre outras cuestións, a posta en marcha dun proceso para adaptar á actualidade a Lei de Normalización Lingüística, que vivirá o seu 40 aniversario este ano.

O encargado de defendela foi o deputado Daniel Castro, que censurou a falta de remisión ao Lexislativo galego dos resultados das avaliacións sobre a aplicación de plan de dinamización do galego entre a mocidade e o tecido asociativo, así como da falta de información sobre a aplicación do chamado 'decreto do plurilingüismo'.

Antes, o deputado popular José Luís Ferro acusara aos nacionalistas de querer "crear confrontación e división" entre os galegos a través da lingua e de pretender implantar o "monolongüismo" en galego en Galicia.

Despois, Ferro asegurou que os nacionalistas teñen "un problema de credibilidade" entre a sociedade de Galicia que, di, "avalou en catro citas electorais" a política lingüística posta en marcha pola Xunta desde o regreso do PP a San Caetano en 2009.

Pola súa banda, a parlamentaria do PSdeG Noa Díaz acusou á Xunta de manter "un nulo interese polo galego" como, di, evidencia a "falta de preocupación" do presidente galego, Alfonso Rueda, polos datos da enquisa do IGE. "Lonxe de mostrar preocupación, fala de bilingüismo harmónico", apostilou.

MOCIÓN SOBRE LISTAS DE ESPERA

Ademais, os populares tamén rexeitaron cos seus votos a aprobación dunha moción do BNG que reclamaba transparencia sobre as listas de espera na sanidade galega ante a "desconfianza" acerca da forma na que as computa a Administración autonómica, á que o texto tamén solicitaba medidas como a apertura de axendas profesionais e terminar coa derivación a centros privados.

O PP, cuxa solicitude de votar a moción por puntos foi descartada polos nacionalistas, volveu a acusar os grupos da oposición de "mentir" sobre as listas de espera no Servizo Galego de Saúde para "sementar medo e desconfianza entre a poboación".

"O Sergas pon a man de obra, os pacientes e as multinacionais fan caixa", espetou acerca das derivacións á privada a deputada do BNG Montse Prado, que cualificou de "publirreportaxes" as informacións sobre as listas de espera na sanidade pública, das que tamén mostrou os seus receos o parlamenatario socialista JulioTorrado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta