O BNG reivindica que "se toma moi en serio a igualdade" e rexeita "saídas de ton" da Xunta

Foi preguntada pola afirmación de Lorenzana de que o goberno central "está a xerar o maior retroceso do feminismo"

Por E.P. | Galicia | 13/03/2023 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que a súa formación política "tómase moi en serio" as cuestións de igualdade e de defensa dos dereitos das mulleres, polo que rexeitou "saídas de ton" ou "saídas de pata de banco" da Xunta.

Ao ser preguntada polas palabras nunha entrevista da conselleira de Promoción do Emprego do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, nas que asegurou que o Executivo estatal está a xerar o maior retroceso do feminismo, Pontón manifestou que o BNG "cando fala de igualdade e de dereitos, tómase moi sen serio" as cousas.

Así, agregou que "non están para escoitar barbaridades nin novas saídas de pata de banco e trivialidades que non axudan para nada aos dereitos das mulleres". "Supoño que nin eles mesmos o cren", apostilou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa  no Parlamento de Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta