Por Europa Press / Redacción | Galicia | 31/03/2023 | Actualizada ás 18:33
Un operativo composto por distintos medios anti incendios parte este mesmo venres de Galicia con destino a Asturias para colaborar nos traballos para combater os lumes que afectan á comunidade veciña.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o dispositivo galego está composto por tres brigadas, un axente, un técnico e dúas motobombas, todos eles pertencentes ao Servizo de prevención e extinción.
O operativo complétano cinco bombeiros forestais condutores e sete vehículos lixeiros, así como un camión cisterna para abastecer as motobombas e un dron de coordinación, medios estes últimos da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.