Un informe da Xunta recoñece danos en petróglifos de Campolameiro

Un dos conxuntos arqueolóxicos de Campolameiro foi seriamente afectado por unha desbrozadora. Uns danos que negou o director do parque nun informe entregado a Patrimonio. A Policía Autonómica negouse a tramitar unha denuncia, mentres que o Seprona abriu xa unha investigación.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/02/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Non hai santuarios para o patrimonio galego. Campolameiro, a alfa e a omega da arte rupestre en Galicia tamén sufre agresións. A pesar de que a Xunta vende este espazo arqueolóxico como “o referente europeo da arte rupestre” non é quen de impedir que os xestores do propio parque –público pero xestionado por unha empresa privada-- permitan danos aos seus petróglifos.

Rocha 1 da Laxe da Forneiriña 3 co petroglifo afectado pola desbrozadora en Campolameiro
Rocha 1 da Laxe da Forneiriña 3 co petroglifo afectado pola desbrozadora en Campolameiro

Aconteceu a finais do pasado ano cando unha máquina pesada que desbrozaba o entorno dos petróglifos danou un conxunto. Unha práctica común nos nosos montes que está afectando seriamente a numerosos bens patrimoniais. O tractor desbrozador pasou as súas cadeas de metal por unha rocha granítica cun varios círculos prehistóricas. 

A Xunta apresurouse entón a desmentir que se viran afectados petróglifos tras un informe inicial do director do parque, José Manuel Rey, logo de facer “unha inspección meticulosa”. “Observou a existencia dunha afección puntual na parte alta da roca consistente na alteración da pátina superficial así como o desprendemento de tres pequenos lascas e catro liñas raiadas”, sinalaba Cultura nun comunicado. 

Ademais, insistía en que o gravado, tamén danado, está na parte baixa da roca e que os danos nesa sección xa constaban en 2008, cando unha empresa os documentou.  “Cómpre sinalar que as alteración puntuais producidas se limitaron á parte alta da rocha, nunha zona na que non se documentan figuras, e que é falso que se destruirá parcialmente a figura gravada coñecida, pois non existe alteración algunha sobre a mesma diferentes ás xa documentadas no ano 2008”, recollía este estudo do director do parque.

Restauración do elemento danado

O que calou a Consellería de Cultura foron os resultados doutro informe que encargou a unha empresa arqueolóxica e que foron concluíntes. Este novo estudo recoñece o dano que se lle fixo ao conxunto artístico e certifica a existencia dun gravado – do que non se informa no informe do director do parque--, na parte superior da laxe consistente en varios círculos rematados nunha cazoleta e que foi “gravemente alterado”. De feito, neste informe, a arqueóloga encargada de realizar o informe para Cultura recomenda a restauración do elemento danado

Zona do etroglifo afectado pola desbrozadora en Campolameiro
Zona do etroglifo afectado pola desbrozadora en Campolameiro

Polo momento, esta consellería ten aberto un “expediente informativo” e aínda non se pronunciou sobre posibles sancións ou actuacións concretas a realizar. Por outra banda, e segundo soubo o GC, a Policía Autonómica negouse a tramitar unha denuncia alegando que xa a Consellería de Cultura se estaba encargando diso.

Quen si está realizando unha investigación independente é o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, que logo da denuncia interposta por un colectivo na defensa do patrimonio, acudiu ao parque rupestre a sacar fotografías e realizar peritaxes.

Precisamente, integrantes deste colectivos xa se reuniron co xefe de Servizo de Arqueoloxía da Xunta e cos tres grupos da oposición no Parlamento galego. De feito, o PSdeG xa anunciou que unha delegación deste grupo acudirá a Campolameiro para comprobar in situ os destrozos realizados e reunirse cos colectivos sociais e realizar,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta