O PSdeG reclama á Xunta o fomento da lectura en galego "tal e como obriga a Lei do Libro e da Lectura de 2006"

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista no Parlamento galego, Noa Díaz, pide máis axudas ao sector editorial galego, especialmente en lingua galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista no Parlamento galego, Noa Díaz, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta a posta en marcha dun plan de fomento da lectura en galego, "tal e como obriga a Lei do Libro e da Lectura de 2006", lembran os socialistas.

Díaz pide tamén máis axudas ao sector editorial galego, especialmente en lingua galega, así como máis orzamento para adquirir fondos e un plan de promoción do libro galego.

A responsable socialista denuncia o "deixamento, despreocupación e falta de apoio" do goberno galego co sector do libro, "desatendendo aos deberes fixados pola Lei do Libro durante os últimos 16 anos".

Advirte tamén que o sector rexistrou nesta década "unha forte redución de axudas e subvencións públicas, carencia de campañas de estímulo á lectura, a redución das axudas a bibliotecas públicas e falta de apoio ás librarías".

A deputada socialista Noa Díaz. PSDEG
A deputada socialista Noa Díaz. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta