Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 16:41
A Xunta participou este mércores nun simulacro de atención a familiares en caso de accidente aéreo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, co obxectivo de avaliar a constitución das salas para familiares das vítimas, falecidas, feridas ou ilesas no sinistro.
Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu a este simulacro que "permitiu o ensaio das comunicacións, a activación das salas e procedementos, e a filiación de familiares e ilesos para a detección de posibles deficiencias e a proposta as melloras".
Nesta liña, a Xunta explicou que a normativa, en previsión dun accidente o aeroporto, conta cunha persoa responsable de atención a vítimas e familiares, así como o deber de acondicionar unhas salas para a súa atención e para dar información. Ademais, a compañía aérea debe facilitarlle a lista de pasaxeiros do voo afectado á persoa de contacto (PECO) da Xunta para a súa distribución a diferentes órganos.
Desta maneira, no exercicio simulouse un accidente en pista durante a manobra de aterraxe dun avión cun total oito persoas a bordo, no que houbo dous feridos leves. Así, subliñaron que neste caso o aeroporto activaría o seu Plan de Autoprotección e desde a Xunta activaríase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 2 e o Plan Sectorial de Asistencia a Vítimas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.