'Fragmentos de Onte': botellas de albariño Martín Códax con relatos visuais de Galicia

Trátase dunha colección de 6 botellas únicas e diferentes cunha selección de fotografías da americana Ruth Matilda Anderson realizadas entre os anos 1924 e 1926. "Unha homenaxe á tradición e á nosa orixe", din dende a adega Martín Códax.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 23/04/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

'Fragmentos de Onte' é unha Edición Especial do albariño Martín Códax disponible por tempo limitado. Unha colección de 6 botellas únicas e diferentes cunha selección de fotografías da americana Ruth Matilda Anderson que afonda na vida do pobo galego grazas aos relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926.

Unha das fotos de Ruth Matilda Anderson.
Unha das fotos de Ruth Matilda Anderson.

Coincidindo co lanzamento desta Edición Especial, a adega Martín Códax levará a Vigo e, posteriormente a Santiago, a exposición "Fragmentos de Onte" na que poderá verse unha mostra significativa do legado fotográfico da coñecida fotógrafa norteamericana. 

Trátase, en definitiva, din dende a adega "dunha homenaxe á tradición e á nosa orixe".

A exposición, abrirá de luns a sábado de 17:30 a 20:30 horas ata o 10 de xuño na Sede de Afundación de Vigo e será un espazo que acollerá diferentes contidos culturais, entre eles showcookings de recoñecidos cociñeiros da cidade e visitas guiadas con catas comentadas por un dos sumilleres de Bodegas Martín Códax.

Edición Especial 'Fragmentos de onte'. Foto: Bodega Martín Códax.
Edición Especial 'Fragmentos de onte'. Foto: Bodega Martín Códax.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta