ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

44 Macmillan

Hai que ser ben parvo para titular este artigo "O conto de nunca acabar" e dicir que "O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende pór fin a esta incómoda situación".

43 tinto

Cal foi o documento que se negou a asinar o BNG?. NIngún. Digas o que digas, Esmendréllome", non tes razón algunha. Non habendo documento; non habendo votación;... non hai negación. É ben sinxelo.

42 Oscar

gagá, creo que son pouco sospeitoso de ser pepero ou nacionalista.
Pero o feito é que o todo o bando republicano tamén fixo crimes, é innegable.
A Guerra Civil non é o meu forte en canto a coñecementos históricos, pero ata onde eu sei o bando republicán queimaba igrexas e conventos, (a principios de siglo só o facían os anarquistas, na guerra estendeuse a toda a esquerda), violando ás monxas e matando aos clérigos. O único lugar da Españ republicana onde a Igrexa era respectada era Euskadi, porque gobernaba o PNV e tiña entón unha forte vinculación ao catolicismo.
Tamén están casos como o de Paracuellos, que non se sabe se Carrillo foi relamente o responsable ou non; eu penso que non; pero o feito é que esa matanza existiu e participaron socialistas. E tamén houbo máis crimes durante os sucesos de Barcelona do 1937, das loitas entre PSOE+PCE e PSUC+CNT, por non falar dos bombardeos de Sevilla e Valladolid do 38.

41 Esmendréllome

Contesta a unha pregunta se podes, Tinto. Por que da vez anterior o BNG si aprobou unha condena do Holocausto nas que non se facía ningunha outra referencia, e esta vez empeñouse en incluíla sabendo que con iso non se ía aprobar nada?

Mira, rapaz, non veñas co recurso nacionalista de sempre de facerse as vítimas de manipulacións e os perseguidos. O BNG fixo mal, meteu unha vez máis o zoco até o fondo. Non o recoñecedes? Pois é problema voso.

40 tinto

O PP e o PSOE, con ampla maioría no parlamento galego non foron quen de presentar ningún texto (nen en conxunto nen por separado) para condear o Holocausto. Somentes o BNG presentou un que non foi aceptado polos outros grupos. Polo tanto, como o único texto que facía mención á condea do Holocausto (o do BNG) non foi apoiado deberían ser o PP e o PSOE explicar por que están en contra de condear o Holocausto. Esta sería a lóxica de discurso que nos propón "Esmendréllome". Como o PP e o PSOE son partidos grandes e perfectamente integrados no sistema; con grandes medios que os protexen; a ninguén se lle ocurriu este razonamento (por outra banda igual de idiota que o que fala do negacionismo do BNG). Polo tanto a amplificación mediática desta burda manipulación non debe ter moito que ver co Holocausto senón co acoso ao BNG. Aí están os motivos reais da expulsión de Valadés: Inventar un conto; manipular situacións; atacar ao BNG mentres se protexe ao PP e o PSOE; insultar publicamente á militancia do BNG con calificativos como fascistas, negacionistas. ¿Que partido querería nas súas filas a un militante que actúa deste xeito?. O Psoe que acaba de expulsar ao sector crítico de Euskadi (quen apoiaban as teses de Rosa Diez)?. O PP que martirizou a Barreiro, incluso con causas xudiciais, por discrepar de Fraga?.
Propoño un titular de consenso a este afaire:
O BNG non fai o posible para que o PP e o PSOE condeen publicamente o Holocausto.