ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

39 Esmendréllome

O BNG, que a vez anterior condenara o Holocausto sen máis aditamentos, tivo desta ocasión a ocurrencia de xuntar nun mesmo texto a condena do Holoucausto coa condena da política israelí, como se unha cousa tivera que ver coa outra.

Facendo isto sabía que non se ía aprobar unha condena do Holocausto polos demais grupos, pois non ían aceptar a súa imposición.

Podería, pola contra, facer dúas cousas diferentes en dous momentos diferentes: primeiro condenar o Holocausto nunha moción conxunta, e despois presentar outra moción para condenar a política israelí actual. Pero non o fixo.

Non hai máis que ver as declaracións do Parlament de Catalunya ou do Parlamento Vasco sobre a condena do Holocausto para ver como non mesturaron unha cousa coa outra, como quixo facer aquí o BNG.

Logo o BNG quixo impoñer a súa posición e pola súa culpa quedouse sen unha declaración institucional de condena do Holocausto polo Parlamento Galego, constituíndo unha vergoña para todos os galegos.

Poñades como vos poñades esta é realidade. Non sodes máis burros porque non entrenades.

38 gagá

oscariño e logo qué crimes fixo o psoe na guerra civil?

37 Oscar

quero chamar a atención de de miguel mato fondo respecto ao seu post que reproduzo:
"Non hai relixión nen ideoloxía política que non teña o mal dentro de si,sexan talibáns, extrema dereita sionista, legionarios de Cristo, KKK, nazis, etc. Mesmo no nacionalismo galego temos os nosos talibáns. Mais iso non desacredita o nacionalismo galego.E non podemos pensar que todo o sionismo é fascista, nen xustificar todo o palestino. Os que somos prosaharauis, non por iso renegamos de todo o marroquí. Estamos ante unha época de inflexibilidade ideolóxica?. A min, como militante do BNG (de momento) gustaríame un debate en profundidade no seu da nosa organización sobre o tema de Valadés,no canto de adoptar posturas que no fondo non nos benefician. E o tema da non condea ao holocausto é dunha insuficiencia intelectual que beira as marxes do totalitarismo, ou peor, cheira a talibán que alcatrea.Fixemos o ridículo máis espantoso que podamos imaxinar."
Parece mentira que eu que son socialista teña que defender a postura do BNG.
Mira, é certo que (case) todas as ideoloxías cometeron crimes e iso non as desacredita, pero normalmente condearon eses crimes, e se non os condearon, estón sí se pode criticar.
O PSOE fixo crimes na Guerra Civil pero hoxe é un partido que non fai crimes contra a humanidade. O Likud e demáis partidos ultrasionistas, sí os fan e todavia non os condearon. Menajem Beguin e Isaac Shamir (primeiros ministros israelíes polo Likud nos oitenta) foron terroristas e o seu partido non condeou ese pasado.
A Igrexa condeou os crimes da Inquisición e por iso é miserable botárllelo en cara. Pero o sionismo fai apoloxía do crime, e iso no noso país castígase con cárcere. Pero alí llo permiten. Persoalmente vexo mellor o que fai España: o que incite ao crime, ao caldeiro. Logo pasa coma en Israel.

36 MANIPULA

Dacordo con Tinto, todo foi unha burda manipulación da AGAI. O que sucedeu foi que o PSOE e o PP negáronse a condear os crimes que están a levar acabo os xudeus.

35 tinto

Onde se negou a facer tal cousa? Si a resposta é no parlamento de Galiza, dime que documento se negou a asinar o BNG. Porque parece que neste caso nen hai docuento nen negación de sinatura. Non hai negación do Hoocausto; non hai resistencia a condealo. O que si hai é resistencia por parte de certa xente a que na condea ao Holocausto se inclúa a condea á ocupación israelita de territorios palestinos e as continuas matanzas de civís en Palestina por parte do exército israelí. ¿Entendes agora?. Agardo que sexa así.