ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

29 Esmendréllome

Oes, Tinto, sabes que os nazis apoiaron a bastantes nacionalistas sen estado europeos nos anos de entreguerras e durante a guerra? Non o sabes? Pois infórmate.

28 tinto

O BNG presentou o único texto na comisión no que se condeaba o Holocausto e tamén a situación da poboación palestina. Todo o mundo sabe este dato. O demáis é intoxicación e gañas de leria. ¿Como non ía condear o BNG o Holocausto si a xente do BNG sería a primeira en pasar polo forno crematorio?. Antiimprialistas, antifascistas, nacionalistas sen estado. Aí tedes un dos perfís que os nazis gostarían eliminar. Así que menos coñas e máis respecto.

27 Esmendréllome

Está clarísimo: o BNG negouse a condenar o Holocausto (que non é o mesmo ca negar a súa existencia).

26 tinto

Si di que o BNG nega o Holocausto (grande mentira), que carallo fai no BNG? (grande incoherencia). Ao final resulta que de non estar o seu presidente no BNG, AGAI sería un cero á esquerda. O interés está claro: o BNG como caixa de resonancia. Non é raro que o propio BNG expulse a quen insulta publicamente á súa militancia chamandoos xenófobo, nazis, fascistas...
Unha cousa é ser liberal e tolerante outra é ser parvo.

25 un que non sabe

Ao lume con Valadés.

Viva a tripla alianza: UPG, Quin e os da panza.

Abaixo os USA coa sua pena de morte.

Arriba China coa sua pena de morte.

Abaixo a Unión Europea.

Arriba as subvencións da Unión Europea.

Non se poden facer máis parque eólicos.

Hai que facer máis parques eólicos.

Fóra ENCE da ría

Viva Reganosa na outra ría.

Abaixo os monopolios.

Viva ENDESA das Pontes.

Amañemos as casas-cuarteis da Guardia Civil.

Queimemos a bandeira de España no Toral.

Celebremos o cumpreanos de Juan Carlos I.

Berremos Galiza Ceive.

Pidamos un ensino laico.

Simpaticemos con Hamas.

Defendamos os dereitos dos homosexuais.

Apoiemos ao réxime iraní que persigue aos homosexuais.

...

Sede coerentes bloqueiros/as. Multiplicádevos por cero.

Sodes a demagoxia personificada.