Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11
O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.
De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.
Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.