Sen mortos nas estradas de Galicia na ponte do 1 de maio

Houbo 81 feridos en 68 accidentes nas estradas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Un total de 68 accidentes de circulación foron rexistrados entre a tarde do venres e a noite do luns 1 de maio, Día do Traballador. Neles, 81 persoas resultaron feridas e delas, 70 tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios.

Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia.
Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia. | Fonte: Europa Press

A xornada con maior volume de sinistros foi o sábado, cando se produciron un total de 25 accidentes con feridos. Por provincias, A Coruña (28) e Pontevedra (21) rexistraron 49 dos 69 accidentes. En Lugo o total foi de seis fronte os 13 das estradas ourensás.

A maioría dos feridos durante o fin de semana foron homes (62,5%) e case un terzo dos atendidos tiña entre 40 e 45 anos, segundo a información facilitada este luns polo 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta