Preto de 600 persoas gozaron da 'Primavera de Portas abertas' da Ruta do Viño de Valdeorras

Un total de 578 personas, un 28% más con respecto a 2022, chegaron a Valdeorras a pasado fin de semana para gozar das actividades propostas pola entidade dinamizadora do turismo enolóxico na zona.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 13/05/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

578 persoas chegaron a Valdeorras a pasada fin de semana, tanto nos 'buses do viño' fletados dende diferentes cidades galegas como en vehículos particulares, para gozar do amplo abano de actividades de lecer, culturais e divulgativas sobre o viño que organizou a Ruta do Viño de Valdeorras.

Participantes nas xornadas 'Primavera de portas abertas'. Foto: Cedida pola Ruta do Viño de Valdeorras.
Participantes nas xornadas 'Primavera de portas abertas'. Foto: Cedida pola Ruta do Viño de Valdeorras.

“Estamos satisfeitos cos datos, sobre todo tendo en conta a dificultade que supón o feito de ter sido a primeira das rutas do viño en abrir as súas portas neste 2023. Isto supuxo ter menos tempo para organizalas e comunicalas”, destacou o Presidente da entidade, Joaquín Sánchez.

“Ademais, o tempo meteorolóxico non nos acompañou durante a mañá do sábado e, aínda así, a presenza de xente non se resintiu especialmente”, engadiu Sánchez.

Case unha cuarta parte da xente que se desprazou a Valdeorras para esta "Primavera de Portas Abertas" nas xornadas do sábado e domingo (6 e 7 de maio) partiron de diferentes cidades galegas e tamén da veciña provincia de León. Así, 150 persoas chegaron a Valdeorras nos denominados “buses del vino”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta