GC Aberto

Pagar por cultivar a incultura

Asistin asombrada ao ensaio xeral do Arde Lucus para escolares no pasado 12 de maio. Colexios públicos e privados levarom até a Praza de Santa Maria seus escolares. Franciscanos, CPR San José, CPR Milagrosa, Colegio María Auxiliadora, Colegio Fingoi, CEIP Anexa, CEIP Maruja Mallo, CEIP Paradai, CEIP Albeiros. Toda a cerimonia realizouse en castellano.

Por admin | Compostela | 22/05/2023

Comparte esta noticia

Con a persistencia e aquiescencia de mestras e representantes políticos, como o concelleiro de xuventude de Lugo Mauricio Repeto. Porque se lles nega a nosas crianzas o aceso ao seu idioma?. Porque se tolle a cultura en representacións públicas?. Como facer entender que o coñecemento de duas línguas e mellor que a sua ignorancia?. Como romper a cerrazón e o fanatismo de quen renega do propio para abrazar unicamente o alleo?.

Último día da festividade de Arde Lucus 2022
Último día da festividade de Arde Lucus 2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

“Los de la Aneja , que se pongan delante que vamos a ensayar el himno del Arde Lucus” decian os altoparlantes. Dobremente ignorantes, pois pronunciaban a j castellana para esta palabra (Anexa a Escola de Maxisterio). Mestras, maes, e políticos cómplices em apagar noso idioma.

Xa coñeci crianzas en Lugo que nunca escutaran falar en galego. Ou, ainda, para quen o galego é apenas unha asignatura mais, un traballo a maiores que muitas das veces resulta unha “carga” de traballo mais do que unha satisfacción por coñecer o propio, por aumentar o coñecemento. Por saber unha língua que foi a dos nosos ancestras desde mais de mil anos. A primeira en aparecer escrita na península. A língua das cántigas de amor, de amigo, de escranio ou de maldizer pioneira na literatura das línguas procedentes da mistura entre o latin e as línguas indigenas da Gallaequia.  Alfonso X o Sábio dedicalle unha das suas cantigas a Virxen dos Ollos Grandes. Representante dunha cultura que afunde suas raices em cinco mil anos de humanidade. Agora falada e escrita por mais de 200 millons de persoas en todo o planeta, tocando todos os continentes.

Foi o Catedrático Garcia Blanco, Lugués e derradeiro habitante do Castelo de Pambre, quen primeiro definiu o autoodio como elemento castrador da nosa cultura. Así vin eu a aquelas mulleres fundamentalistas e limitadas que na praza de Santa Maria defendian para seus estudantes e fillarada a ignorancia antes que a sabedoria  Tanto os Concelleiros/as como as mestras cobran por seu traballo. As maes non cobran por cuidar de seus fillos e fillas. Poida que teñan o complexo de que falar galego é de menor categoria social, seguramente porque nalgún momento da sua vida alguén fixera burla delas por falar no noso formoso idioma. É duro que che humillen por causa da tua língua que aprendeste na casa, ligada a afectos, cariños e con grande fondo cultural. Mas a madurez tamén implica rebelarse contra esa inxusticia. Tamén ter o orgullo da familia que tanto nos deu. E, ainda, ter a mente aberta para diferentes opinions. Iso é o que eu botei en falta. E penso que o diñeiro que pago dos meus impostos non esta ben administrado se se utiliza para esmagar a cultura apagando a nosa língua en público. Fiquei ben desiludida para este Arde Lucus. Creio que non vou participar para glorificar o conquistador, a colonización cultural e o esmagamento da nosa cultura.


Adela Figueroa Panisse Catedrática de Bioloxia retirada. Escritora. Académica da AGLP.
Información sobre Garcia Blanco:( https://illa.udc.gal/rgf/monografias/pdf/mon_7.pdf).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta