O futuro de Esquerda Unida

A crise que afecta a IU tamén chegou a Galicia. A formación que dirixe Iolanda Díaz atópase inmersa en debates internos sobre o futuro da coalición...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/05/2008 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

En Galicia o debate tamén se centra na actuación que a formación ten alá onde cogoberna, especialmente, na cidade de Ferrol. Non gusta entre a masa militante a submisión de EU-IU as directrices socialistas e piden unha política marcadamente de esquerdas.

Sobre a petición realizada aos grupos da Cámara galega para que rebaixen do cinco ao tres por cento a barreira de apoio electoral para acceder ao Parlamento, e que foi rexeitada por PPdeG, PSdeG e BNG, EU mantén que continuará a súa loita e baralla presentar un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda sabedores de que o éxito será escaso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Caifás

Home, Óscar, non estou moi dacordo co que dis. Creo que precisamente foi a etiqueta do ecosocialismo o que afundiu máis a IU. Ecosocialismo non significa nada, provoca conflitos entre intereses de traballadores e parece unha palabra destinada a captar a un "público" da mediocracia. Non aporta á democracia. É irónico que mentes o de "programa, programa", unha máxima do PCE, e defendida por membros do partido e que escapa da estratexia posibilista, que é, básicamente, o que propoñía o ecosocialismo e eses sectores "moderados" que cres albiscar. Se existe futuro para IU, é dando peso a eses sectores non-an-moderado-case-anticapitalistas, e mallar no psoe todo o que poida. Pero ben, persoalmente creo que están máis mortos que vivos.

4 socrates

palabra de grego. o que é e o que non é, democrito dixit.

pois que non che vaia a pasar coma ao teu tocaio/homonimo grego que segun se conta, arrancouse os ollos nun xardín para que a contemplación do mundo non lle estorbara nas suas meditacions ...

logo, ti medita que outros xa rañarán o que máis lles proa ...

3 Democrito

A quem lhe interesa o futuro de esquerda afundida geyper? Sobreviviram em comisiones peperas a conta de vender aos trabalhadores... e pouco mais tenhem que ranhar

2 Oscar

A verdade é que Esquerda Unida sempre obtivo moi baixo resultado en Galiza.
Sería bo rebaixar a barreira ao tres por cento, daría maior lexitimidade ao Parlamento, e tampouco fragmentaría demasiado a Cámara; non hai tantos partidos con posibilidades de pasar esa barreira. En Israel ou nos Países Baixos, por exemplo, a barreira é do 1,5%, iso sí que fragmenta excesivamente o parlamento.
A presencia de EU, aparte, podería ser moi interesante. Tén un electorado propio ao que dar voz, que son eses electores que bailan entre o PSOE e o BNG, que se verían moi representados na coalición, especialmente nos sectores moderados non vinculados ao PCE.
Por outra banda, penso que sería moi interesante para o futuro da coalición plantexarse a posibilidade de unirse aos verdes e basear o seu programa no ecoloxismo. Programa, programa e programa; o que máis precisan.

1 Esmendréllome

É patético que sexa precisamente agora, cando están de capa caída, cando veñan co da reforma electoral. É que non o podían propoñer hai catro anos, ou seis, ou oito? Pois non, son de reaccións tardías.