O partido de Jácome non concorrerá ás eleccións xerais pero non se pronuncia sobre as galegas

Nas galegas de 2020 decidiu non presentarse tras o acordo de gobernabilidade asinado co PP.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/06/2023 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana, o partido do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non concorrerá ás eleccións xerais do próximo 23 de xullo.

Nun comunicado, a formación sinala que, do mesmo xeito que xa sucedeu en convocatorias nacionais anteriores, deixará pasar de longo estes comicios.

Ademais, non pedirá o voto para ningún outro partido, aínda que aposta por que gañe "aquela formación que máis defenda os intereses de Ourense" ao considerar que a provincia "é, por desgraza, a eterna cincenta".

A formación de Jácome non concorreu tampouco ás eleccións autonómicas do 2020, tendo en conta que era unha das premisas incluídas no acordo co PP selado tras as municipais de 2019 e que lle permitiu acceder á Alcaldía da cidade das Burgas nese mandato.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante unha rolda de prensa / Agostime - Europa Press  / Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante unha rolda de prensa / Agostime - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta