Catro feridos en Ribeira tras unha colisión entre tres vehículos

Un motorista foi evacuado tras chocar contra unha árbore ao saírse da vía en Monfero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas tras unha colisión na que se viron implicados tres vehículos en Ribeira, segundo han ifnormado fontes do CIAE 112 Galicia. O accidente ocorreu sobre as 22,45 horas na carrerera AC-550 á altura de San Martiño de Oleiros, e o 112 tivo constancia a través dun aviso de Urxencias Sanitarias 061.

Aínda que un dos vehículos implicados na colisión envorcara, todas as persoas feridas estaban liberadas e accesibles á chegada dos servizos de Emerxencias. O CIAE 112 informou os bombeiros de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e aos operarios de mantemento da estrada. Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios e os bombeiros procederon á limpeza da vía.

ACCIDENTE DE MOTO

Por outra banda, o 112 tamén informou dun accidente ocorrido no quilómetro 16 da AC-151 na parroquia de San Fiz, en Monfero. O sinistro ocorreu sobre as 19,20 horas do domingo, cando un motorista se saíu da vía nunha curva e chocou contra unha árbore, e o 112 avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta