O IDIS remata 2022 con 54 solicitudes de patentes científicas e sete marcas rexistradas

Contou cun investimento de máis de 43 millóns de euros, dos cales 23,5 millóns corresponden a proxectos de investigación competitivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) presentou este luns o reporte anual correspondente ao ano 2022 onde destacou 54 solicitudes de patentes, sete marcas rexistradas e 19 rexistros de propiedade intelectual.

Segundo a directora científica do instituto, María Luz Couce, o centro é unha "incubadora de empresas biotecnológicas". Ademais, destacou que os datos presentan a creación dun total de 13 empresas deste rubro que saen do centro de investigación. "O centro sitúase como eixo da investigación sanitaria galega e biomédica de España, cun crecente nivel de cifras na captación de recursos e a produción científica", sinalou Couce.

No apartado financeiro, os datos presentados do ano pasado, supoñen unha captación de fondos que supera os 43 millóns e medio de euros, dos cales 23,5 millóns corresponden a proxectos de investigación competitivos. "O IDIS é o cuarto centro nacional en proxectos públicos competitivos activos o terceiro en número de proxectos europeos captados", subliñou a directora.

Na mesma liña, engadiu que "os fondos foron investidos en 118 proxectos nacionais, autonómicos e internaciones; e 375 contratos e servizos".

Acto da presentación da memoria anual do IDIS 2022.  IDIS obtivo unha captación de fondos superior aos 43,5 millóns de euros e máis de 118 proxectos de investigación o ano pasado.. NICOLÁS GÓMEZ CARBALLO
Acto da presentación da memoria anual do IDIS 2022. IDIS obtivo unha captación de fondos superior aos 43,5 millóns de euros e máis de 118 proxectos de investigación o ano pasado.. NICOLÁS GÓMEZ CARBALLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta