Galicia é tendencia para algúns este verán. Sabes por que?

Sanxenxo, Vigo e Viveiro entre os destinos favoritos dos españois.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/06/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Coa chegada das altas temperaturas, os españois xa teñen pensadas as súas vacacións para este verán 2023. Tras o ranking de Airbnb, que explica as preferencias dos españois en varias categorías á hora de viaxar, queda demostrado que Galicia é unha das favoritas en casi todas.

Papaventos na praia do Rostro de Fisterra
Papaventos na praia do Rostro de Fisterra | Fonte: certo.es

O máis buscado para esta tempada son desitinos costeiros, de surf, con viñedos ou piscinas. Dentro da categoría dos destinos domésticos máis en tendencia entre os españois atopanse Sanxenxo, Vigo ou Viveiro. No caso dos destinos costeiros con hospedaxes máis hospitalarios, Galicia tamén destaca e, Fisterra, Poio e O Grove entran non ranking grazas as boas valoracións que reciben na plataforma por parte dos visitantes.

Se algo marcou este ano foi a inflación dos prezos dos produtos e a alza do coste da luz e dos combustibles. Porén, viaxar a bo precio e xa un requisito fundamental, e dentro desta categoría de destinos cun precio promedio de menos de 100 euros a noite, Galicia está presente con lugares como, por exemplo, A Guarda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta