O Centro Galego do Mar de Prata (Arxentina) celebra o seu 71 aniversario

A Xunta agradece o seu traballo a favor da comunidade galega

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O Centro Galego do Mar de Prata celebrou o seu 71 aniversario este fin de semana o seu 71 aniversario tras ser fundado o 1 de xullo de 1952 por un grupo de galegos radicados na cidade arxentina.

Precisamente, ao acto de celebración asistiu o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen felicitou aos socios e simpatizantes desta entidade polo traballo realizado ao longo de todos estes anos a favor da colectividade galega nesta cidade arxentina.

Diso informou o Goberno galego nun comunicado, no que detalla que Rodríguez Miranda asinou no libro de honra da institución galega, estivo presente o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro.

A festa, na que se interpretaron os himnos de España, Arxentina e Galicia, contou cunha comida de confraternidade, con actuacións conxuntas das agrupacións da institución, así como de todas as colectividades españolas afincadas en Mar de Prata e na súa contorna.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no acto de aniversario do Centro Galego de Mar de Prata. XUNTA
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no acto de aniversario do Centro Galego de Mar de Prata. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta