A constitución de empresas aumenta un 2,5% en Galicia no primeiro semestre, segundo Informa D&B

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/07/2023 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a constitución de 2.239 empresas no primeiro semestre deste ano, o que supón un 2,5% máis que no seis primeiros meses de 2022, segundo o Estudo sobre Demografía empresarial realizado por Informa D&B.

Construción e actividades inmobiliarias e Comercio son os dous sectores onde máis empresas se constituíron desde xaneiro na comunidade galega, 421 e 494 respectivamente Por provincias, A Coruña suma 943, Lugo 217, Ourense 213 e Pontevedra os 866 restantes.

Con estas cifras, Galicia sitúase entre as zonas onde menos creceu este dano. De media, en España a creación de empresas subiu un 11%, con 61.589 novas compañías. Só en xuño, en Galicia constituíronse 395 firmas, un 13,8% máis que no sexto mes do exercicio previo. A nivel estatal, o aumento foi do 13,2%, con 10.544 novas compañías.

Reparto das empresas de Altor Crecemento, Gacela e Grupo de Control respecto ao total da súa categoría - Informa
Reparto das empresas de Altor Crecemento, Gacela e Grupo de Control respecto ao total da súa categoría - Informa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta