Galegos emigrados en Río de Janeiro axudan na mellora da calidade de vida dos maiores

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este xoves a entidade Recreo dos Anciáns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo en valor este xoves en Río de Janeiro (Brasil) o papel dos galegos emigrados para mellorar a calidade de vida de persoas maiores.

Así o sinalou durante unha visita á residencia Santiago Apóstolo, onde foi recibida por Regina Jallas, presidenta de honra da entidade Recreo dos Anciáns e pola actual presidenta da organización, Esther Pérez.

Fabiola García reivindicou o traballo de persoas como Regina Jallas, galega emigrada desde Santa Comba, que puxeron en marcha iniciativas como esta residencia, que presta atención a maiores sen amparo familiar.

A entidade Recreo dos Anciáns conta con máis de 80 anos de historia e permite proporcionar casa, alimento, roupa e asistencia médica aos que a necesiten, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

No encontro, a conselleira asinou un protocolo de colaboración por valor de 10.000 euros con esta organización para axudar ao seu funcionamento. Con esta visita, García dá por terminada a súa estancia en Brasil e pon rumbo a Arxentina para seguir a viaxe internacional de colaboración con entidades que prestan atención a maiores na diáspora.

Un ancián recibe atención
Un ancián recibe atención | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta