Lavándolle a faciana a extrema dereita

Nada mellor que cantar como os demais. Pola mañá recibes a nota co que hai que dicir e, a cantar a misma cantinela. Mais esa cantinela non a di o presidente do partido Sr. Feijoo. El manda a que o fagan os segundos de abordo. Hai que xustificar pactos e vender unha historia que leve a branquear un socio pra acceder ó poder. Non importa que quereira ir contra as autonomías, contras os sindicatos e contra a nosa fala. Dan ordes e todos os galos entonan a misma cantiga.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 09/08/2023

Comparte esta noticia
Se falamos de legalidade, todos os partidos que se presentan ás eleccións poden facelo dentro do marco da actual constitución.  Máis ese aliado do PP, que viviu agochado nas súas filas durante moitos anos,  ten un víncallo moi forte coas ideas que no seu día defendeu a ditadura. Diría máis, soña con volver a implantala. Aspira a modificar a constitución pra derogar o título oitavo e quere volver a España centralista.  Detesta que, despois de máis de cuarenta anos de democracia, as vitimas saian das cunetas e vai contra a lei da memoria e  quere ilegalizar partidos que non lle guatan.  Non lles gusta que falemos a nosa lingua e, a maiores de  todo,  anda coa teima  de esquecer o grave problema da  violencia contra a muller e os dereitos dos LGTB. Igualmente  vai contra o  dereito a decidir o final dunha vida e moitas cousas máis.
 
Pois ben,  a ises señores,   anda a branquealos o presidente da Xunta de Galicia. Con que obxectivo?  Pois co único de facer o que lle mandan dende Xénova. Triste papel o que fai o presidente dunha terra con personalidade, cultura e lingua   propia. Unha terra   que non é arredista,  pero que quere ter unha autonomía forte dentro do actual Estado pra desenvolverse e non desaparecer; e  que quere mellorar o seu estatus político e quitarrle rendabilidade as súas potencialidades económicas e as súas  materias primas. 
 
E pra xustificar o que di fala de Bildu. E faino sen saber que, non hai moitos anos, cando ETA  asesinaba,  todos os partidos e tamén o PP dicían: que deixen a vilolencia e que fagan política dende as institucións.
 
Eu non sei se o Sr. Rueda sabe que a mellor forma de que o Estado funcione é que  os que aspiran a segregarse participen na vida política del. A relación axuda a crear víncallos nas tarefas comúns e limar moitas diferencias.  Eso axuda a aunar a todos na tarea común pra  que  a xente viva  mellor. A política do enfrontamento como a que fixo o PP en Catalunya axudou a que medrara o arredismo.
 
Mais o que  me chama a atención das declaracións de Rueda é o que nelas transmite. Pois dá asensación de que si precisara dos neo franquistas pra seguir no poder, aínda que demonicen as autonomías, o idioma e todo o sinalado,  con tal de manterse nel   pactaría con esa forza que hoxe é residual en Galicia.
 
Sempre pensei que o presidente da Xunta debía ser un defensor desta terra; unha persoa que traballa pra acadar unha serie de competencias que mellorarían a vida dos galegos.  E agora vexo a un presidente,  un mandado sen personalidade; un lider  que obedece as consignas que veñen de Madrid. Triste papel o do noso mandamáis  falando de quen non ten representación en Galicia. Triste e escuro  papél o do Sr. Rueda. 

Feijóo, líder do PP, e Abascal, líder de Vox, nun acto
Feijóo, líder do PP, e Abascal, líder de Vox, nun acto | Fonte: EFE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com