Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/08/2023 | Actualizada ás 10:00
Estamos acostumados a deixar reseñas de hoteis ou de restaurantes para que outras persoas teñan unha idea máis véraz do que é a experiencia nese lugar. Pois agora isto trasladase tamén á sanidade. E é que o 35% dos especialistas pide de forma proactiva que os seus pacientes valoren a súa experiencia na consulta.
E isto débese a que o 83% das persoas fíase das opinións dadas por outros pacientes e lles axuda a tomar decisións relacionadas co seu estado de saúde e benestar, o que repercute directamente a que cheguen novos casos ás consultas, centros médicos e hospitais. Ademais, o feedback axuda a mellorar procesos e a experiencia asistencial.
Ademais, só o 35% dos expertos pide esta valoración polo que o 65% restante descoñece o índice de satisfacción real do paciente co propio experto ou co centro, así como os aspectos a mellorar no proceso asistencial. Así o revela o Estudo 'A experiencia do paciente, máis aló da consulta médica' realizado entre médicos e especialistas por Top Doctors®, grupo tecnolóxico para a transformación dixital do sector sanitario.
A partir do estudo observase que as dúas vías máis comúns para pedir esta reseña da consulta son enviando unha enquisa vía mail para coñecer como foi a experiencia nun 19% dos casos e, nun 15%, recollen esta opinión a través da parte de citacións da web.
Ademais de que isto axude a posibles novos pacientes tamén axuda aos especialistas e aos propios centros a mellorar os rasgos negativos que se poidan destacar nestas opinións e lograr así un mellor servizo de asistencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.