Falece nun accidente de rally no Valle de Laciana (León) unha moza de Boiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia



A moza Bárbara Gómez, do municipio coruñés de Boiro, faleceu este sábado nun accidente cando participaba no II Rally Valle de Laciana, en Villablino, León.

A esuadra Laciana Motor informou, nun comunicado, que o suceso tivo lugar durante a terceira etapa pasada o tramo de Leitariegos.

O piloto, Celestino Iglesias alias 'Tini', foi evacuado polos servizos médicos e "non corre perigo". A escadra desexoulle unha pronta recuperación e lamentou o sucedido.

Ante estes feitos, o circuíto suspendeuse coa neutralización do tramo en disputa e a cancelación dos cinco especiais restantes.

A última edición do Rallye Rías Baixas.
A última edición do Rallye Rías Baixas.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta