Catro feridos nunha colisión por alcance entre dous turismos en Vilanova de Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2023 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas este sábado tras producirse unha colisión por alcance na EP-9793 en Vilanova de Arousa, ao redor das 18,45 horas, segundo informa o 112.

O sinistro produciuse na estrada que une as localidades de Caleiro e Deiro, en Vilanova de Arousa. Foi solicitada axuda para os ocupantes de dous turismos que chocaron cando circulaban pola parroquia de András.

Con consecuencia, catro persoas resultaron feridas e foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia. O 112 alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e tamén aos membros de Protección Civil de Vilanova de Arousa.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta