Startups galegas: repite a fotovoltaica EiDF o desastroso modelo de negocio de Blussens?

Como é posible que unha empresa perda 1.700 millóns en menos de catro meses?. As acións de EidF pasan de valer 31 euros en abril a cinco en setembro. Detrás do modelo de negocio está Fernando Romero, a cuarta persoa máis rica de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/09/2023 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

EiDF, unha firma de instalacións fotovoltaicas para autoconsumo de empresas, valía en abril deste ano uns 1.700 millóns de euros. Agora, o último dato do mercado sitúaa en pouco máis de 225 millóns. "2022 será excepcional", dicía Fernando Romero Martínez, SEO e fundador desta empresa a comezos dese ano. Ao peche, o tamaño de EiDF superaba a unha empresa do Ibex, Meliá, e decenas do Mercado Continuo.

Fernando Romero, fundador de EiDF no estreo da empresa galega no BME Growth, a cotización en bolsa para este tipo de empresas
Fernando Romero, fundador de EiDF no estreo da empresa galega no BME Growth, a cotización en bolsa para este tipo de empresas | Fonte: EFE

EiDF naceu en 2008 e ten a súa sede en Barro. O seu primeiro accionista, Romero, é con 41 anos un dos multimillonarios máis novos do Estado e a cuarta persoa máis rica de Galicia. Fillo de emigrantes galegos en Rentería, conseguiu que esta empresa se revalorizara un 478,81%, o que a permitiu alcanzar unha capitalización de 1.721 millóns de euros.

E que pasa para o que semellaba que era unha empresa modelo acabe sinalada dentro do mercado bursatil como unha das súas ovellas negra?. Desde ese fulgurante crecemento de 2022, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) púxoa no seu rádar e comezou a investigala. En abril deste ano ordenou a suspensión da súa cotización en bolsa baixo acusacións de ocultación de información e falla de transparencia. EiDF pasou entón de lidera o BME Growth --o mercado no que cotiza--  a perder, nunha semana, o 87% do seu valor.

Detrás do descenso están as excepcións do auditor PwC apuntando a posibles problemas de viabilidade da empresa e un informe forensic de Deloitte do que só transcendeu unha parte na que se fai referencia a indicios de falsidade documental. No medio, acusacións de falsificacións de nómimas e un suposto ERE que a empresa negou por activa e pasiva.

De feito, a súa rendibilidade caeu en picado e, tras retomar a súa actividade, cotiza por baixo dos 5 euros, moi lonxe dos 31 que chegou a valer en abril deste mesmo ano. O grupo insitiu en que as contas anuais "individuais e consolidadas auditadas pola compañía reflicten a imaxe fiel do grupo e de todos os axustes derivados da análise forense que precedeu á súa formulación por parte do Consello de Administración, e tras a súa valoración par parte deste e do propio auditor". Pero as súas explicacións e as auditorías encargadas a empresas consolidadadas no sector tampouco convencen.

QUEN ESTÁ DETRÁS DE EiDF?

O empresario vasco de orixe galega controla o 77% da compañía a través de Prosol Energía SL, da súa propiedade. O seu socio é Alejandro Alorda, membro da familia propietaria de Kettal, dedicada ao mobiliario de xardín. Alorda ten un 8,32% a través da sociedade Mass Investments Ark 2021 SL.

 

Prosol Energía ten un dobre obxecto social: a construción, instalación, promoción, explotación e mantemento de instalacións de enerxía solar, fotovoltaica, eléctrica, así como a tenencia, administración, adquisición e alleamento de valores mobiliarios e participacións sociais de empresas.

 

Tal e como publica Economía Digital Galicia, con esa participación, Prosol declara apenas 3,5 millóns en investimentos en empresas do grupo do que é propietaria. Iso, agora, porque en 2021, una ano antes da súa estratosférica revalorización, Prosol estaba en perdas e declaraba un patrimonio neto de 268.000 euros. Agora Prosol presenta un activo de 5,2 millóns, fronte aos 2,7 millóns de 2021, e rexistra uns beneficios de 186.000 euros, cando un ano antes tivera lixeiras perdas, duns 2.300 euros.

 

A CUARTA FORTUNA DE GALICIA

 

E neste contexto de revalorizacións e devaluacións de EiDF está Fernando Romero, afincado en Galicia. Ademais de controlar a fotovoltaica a través de Prosol Energía, este empresario tamén controla a empresa Romar Gestión 2013 SL. Romero pasou de declarar perdas en Prosol en 2021 a ser en 2023 a cuarta persoa máis rica de Galicia cun patrimonio neto de 1.185 millóns en febreiro deste ano, 975 millóns máis que un ano antes, segundo Forbes, só por detrás de Amancio e Sandra Ortega e Juan Carlos Escotet.

LEMBRANDO A BLUSSENS

Esta historia de miragre empresarial, salvando as distancias, lembra á de Blussen, a empresa tecnolóxica nacida en Santiago en 2002 e especializada en venda de reproductores DVD, mp3, mp4 ou televisores. En decembro de 2002 facturaron un millón de euros e en 2006, a compañía xa era o fabricante líder de vendas de MP3 en España, con crecementos anuais de até o 200%.

 

Blusens Tecnhology está oficialmente liquidada desde este ano 2017, despois de que a finais do 2016 fracasase o intento dun fondo americano de facerse coa compañía tras tres anos en concurso de acredores. E, no ano 2018, José Ramón García, o fundador, foi detido en Santiago de Compostela, trasladado á Coruña e posto a disposición xudicial en relación cun presunto delito contra a propiedade intelectual e de pertenza a organización criminal.

 

A situación de EiDF é, polo momento, moi diferente. Romero é CEO de EiDF pero ten un consello de administración con seis persoas; a directora financeira, Mercedes Rei, Bruno Díaz, dona da consultora canaria Sigma Energy; a avogada Carmen Costas, o informático Sergio Palmero e Juan Pablo Tusquets Trías de Bes e Joaquim Solà Soler, vinculados á axencia de valores ACapital BB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta