Un operario ten que ser evacuado tras derrubarse parte da escaleira dun edificio, no que emerxencias trata de rescatar a outra persoa

Os operarios traballaban na colocación dun ascensor neste edificio cando se derrubou parte da escaleira, entre o segundo e o terceiro piso. Ademais, non se descarta que algunha planta superior puidese verse afectada.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/09/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Un traballador foi evacuado a un centro hospitalario tras resultar ferido ao esborrallarse as escaleiras dun edifico en Ourense, no que os servizos de emerxencia tratan de rescatar a outra persoa. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar nun edifico da rúa Sáenz Díez sobre as 15.00 horas, momento no que o persoal da central recibiu o aviso por parte do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia.

Os operarios traballaban na colocación dun ascensor neste edificio cando se derrubou parte da escaleira, entre o segundo e o terceiro piso. Ademais, non se descarta que algunha planta superior puidese verse afectada. Ata este momento, conforme explicaron fontes do 112, foi rescatado e evacuado a un centro hospitalario un traballador. Ademais, no lugar os servizos de emerxencia tratan de rescatar a outra persoa. Polo momento descoñécese se se trata doutro traballador ou dun veciño. O traballador evacuado permanecía consciente aínda que, segundo explicaron estas fontes, podía presentar algunha fractura de consideración.

Rúa Sáenz Díaz, en Ourense
Rúa Sáenz Díaz, en Ourense | Fonte: Idealista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta