Unha forte colisión por alcance entre un coche e un camión na A-6, en Arteixo, deixa a unha muller ferida grave
Unha muller tivo que ser excarcerada, antes de ser evacuada en ambulancia a un centro hospitalario, á altura do quilómetro 592, sentido Madrid. Os traballos dos equipos mobilizados obrigaron a cortar o tráfico nun dos carrís, o que provocou importantes retencións.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2023 | Actualizada ás 20:07