O tráfico na principal vía de acceso ao Hospital Montecelo será reaberto en novembro

Comesaña aposta por reforzar a aposta polo uso de fármacos biosimilares para o tratamento da artrite, un tipo de medicamentos obtidos a través da biotecnoloxía que conteñen unha versión da sustancia activa do medicamento biolóxico orixital e están autorizados coas mesmas garantías de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/10/2023 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Xunta asegurou que as restricións ao tráfico na principal vía de acceso ao Hospital Montecelo de Pontevedra (a avenida de Montecelo) finalizarán no mes de novembro.

Nun comunicado remitido aos medios este sábado, a Consellería de Sanidade explicou que "nos primeiros días de novembro" quedará restablecida a circulación en ambos os sentidos da avenida de Montecelo.

Deste xeito, concluirá a restrición a un único carril que está vixente na actualidade entre a rotonda do centro 'Príncipe Felipe' e o hospital pontevedrés.

GARCÍA COMESAÑA

Pola súa banda, o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este sábado na inauguración dunha xornada organizada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo pola Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra (ASEARPO).

Nela, segundo recolle un comunicado da Xunta, abordáronse as terapias, tratamentos e últimas novidades vinculadas á enfermidade reumática, un campo no que García Comesaña destacou os avances farmacolóxicos que se están dando nestas doenzas, que provocaron desde o ano 2020 máis de 600 ingresos por doenzas asociadas á artrite inflamatoria.

O conselleiro avogou por "continuar co traballo colaborativo entre profesionais, institucións, pacientes e asociacións" para mellorar a atención a estas patoloxías e reforzar a aposta polo uso de fármacos biosimilares para o seu tratamento.

Este tipo de medicamentos obtidos a través da biotecnoloxía conteñen unha versión da sustancia activa do medicamento biolóxico orixinal e están autorizados coas mesmas garantías de calidade e seguridade que os medicamentos biolóxicos de referencia, segundo resaltou o titular de Sanidade na súa intervención.

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta