Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/07/2008 | Actualizada ás 14:31
Este movemento de protesta xurdiu pola intención do departamento que entón dirixía Alberto Núñez Feijóo de montar o trazado do vial a carón da actual estrada que une Tui coa Guarda o que motivaría numerosas expropiacións e derribos de casas. Pero, co novo executivo, esta opción desbotouse por custosa e porque infrinxe leis ambientais ao transcorrer, nalgúns tramos, a menos de 500 metros do río Miño.
Aínda así, e polas numerosas protestas dos veciños, Política Territorial presentou tres alternativas das cales, quédase coa B polo menor custe económico, ambiental e social. Con todo, segue habendo moitas persoas afectadas. O concello xa rexeitou a tres alternativas e os veciños xa se organizaron nunha nova plataforma.
Nunha multitudinaria xuntanza que mantiveron o pasado sábado decidiron convocar accións de protesta contra o actual equipo municipal (especialmente, contra o BNG e Centristas de Tomiño), ao que responsabilizan desta situación, e presentar unha batería de alegacións ante a Xunta. Dende o concello din entender a estes veciños e mesmo os apoiarán nas súas alegacións, pero critican a manipulación política á que están sometidos.
Unha das principais afectadas pola nova alternativa é a nai dun dos líderes de Alternativa Tomiñesa, un partido excindido do PP (vinculado a Diz Guedes e no que que tamén participou o empresario tomiñés fugado, Manuel Martínez Barros), que obtivo dous concelleiros nas últimas eleccións. Esta nova formación xa anunciou a súa intención de liderar as protestas, nas que tamén estará o PP, a pesar de foi durante a súa última lexislatura cando se comezaron os estudos de trazados deste vial.
Dende o concello, que dirixe a nacionalista Sandra González, criticase á Consellería de Política Territorial por "non ter dado a cara" ante os veciños de Tomiño nin ter presentado de xeito oficial as tres alternativas ao vial. De feito, foi o delegado da Consellería de Traballo, o guardés Pedro Borrajo, quen tivo que asumir "este marrón". Parece que a poucos meses das autonómicas plantexase no Sur de Pontevedra un conflicto que pode convertirse nun importante dor de cabeza para o goberno municipal e para o autonómico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.