Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 20:37
A Deputación da Coruña e concellos da comarca de Santiago abordaron o estado do parque Compostela Rupestre nun encontro no concello de Brión.
Na reunión, participaron o deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Penas, e representantes técnicos e políticos dos concellos que forman parte da comunidade intermunicipal: Brión, Val do Dubra, Santiago de Compostela, Teo e Ames.
Pola súa banda, Xosé Penas sinalou que desde o organismo provincial está a tratarse de axilizar os labores de limpeza dos accesos aos terreos e, unha vez finalizados, previsiblemente a principios do ano que vén, comezará o proceso de adquisición das leiras nas que están os petróglifos.
Noutra orde de cousas, o departamento de Cultura da Deputación da Coruña aprobou a concesión de case 600.000 euros para subvencionar a 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades locais de toda a provincia durante o ano 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.