Por unha marea cidadá

As elecions municipais supuxeron un cambio radical no mapa político do país, a Marea Atlântica, Ferrol en Comun, Compostela Aberta, Barcelona Comu, Zaragoza Comun, Ahora Madrid, etc,...

Por Carlos González Armada | Vigo | 13/06/2015

Comparte esta noticia

Foron as opcions que a xente elexiu, foi o Movemento Cidada, foi a voz da indignacion do povo, mais non tivo a mesma sorte ese Movemento na cidade de Vigo, e iso me fai reflectir, ¿que foi o que fixemos mal?, ¿porque a voz do povo, porque as candidaturas cidadas non tiveron êxito nunha cidade obreira, na que eu acho que a cidade donde mellor teria que arraigar a mensaxe do noso movemento, ¿porque o alcalde de Vigo tivo o apoio masivo dos cidadans?.

Non sabería encontrar unha resposta certa, e ainda menos hoxe, xá que o señor Caballero é xusto o contrário a unidade popular, nem tan siquera gosta de utilizar as siglas do seu partido, que em Vigo non e o PSOE, e o partido de Abel Caballero. Eu acho que termos que cambiar as cousas, que termos que cambiar nos, porque si unha cidade obreira e loitadora como Vigo nos deu unha mensaxe asi, nos deu as costas sabendo da corrupcion do PSOE em Vigo, acho que non é porque este de acordo coa corrupcion, negome a crer iso, acho que é porque nós non fixemos bem a nosa parte, nos non fixemos bem a nosa labor, e por iso mesmo e polo que as forzas da cidadania teñen que pensar en isto e poñerse a traballar na confluencia, nun frente común, sin deixar a ningem atrás, porque se non o fazemos córrese o risgo de que a xente do estado español decida fazer o que fixo a de Vigo, votar ao que xa esta no goberno, e eu acho que 4 anos mais do PP no poder da nación serían insostibles, eu acho que xa e hora de que nos deixemos de egos absurdos e traballemos todos xuntos polo bem común, eu acho que e a hora do pobo, e a hora de nos, os de abaixo, tomemos o mando, eu acho que e a nosa hora, pero pra iso fai falta vontade, xenerosidade, e intelixencia,  teñamos esas capacidades e fagamos unha confluencia amplia, fagamos o que a xente nos pediu coa sua mensaxe, fagamos o que quere o pobo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA