Detido un veciño de Ponteareas por tráfico de drogas e por ter unha pistola no seu domicilio

Incautáronselle un total de 58 gramos de cocaína e 18 de heroina, ademáis dunha arma de lume real, da que se descoñece a súa procedencia.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/11/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo na localidade pontevedresa de Ponteareas a un veciño do devandito municipio, de 49 anos de idade, por presuntamente dedicarse á venda de drogas e por ter unha pistola no seu domicilio.Tal como informou a Benemérita, a investigación iniciouse a principios de verán, por mor das sospeitas de que esta persoa se podería estar a dedicar ao tráfico de sustancias estupefacientes. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Ponteareas, que decretou o seu ingreso en prisión, acusado dun delito de tráfico de drogas e outro de tenencia ilícita de armas.

Despois de meses de xestións e de diferentes pescudas, detívose ao home, con antecedentes por tráfico de drogas, ao que se lle incauta un total de 58 gramos de cocaína e 18 de heroína, así como máis de 800 euros en efectivo e diversos efectos para a preparación e corte de sustancias.Tamén no rexistro do seu domicilio atopouse unha pistola de lume real, da que se descoñece a súa procedencia.

Detido un veciño de Ponteareas por tráfico de drogas e ter unha pistola no seu domicilio.
Detido un veciño de Ponteareas por tráfico de drogas e ter unha pistola no seu domicilio. | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta