A venda de turismos e furgonetas de ocasión cae en Galicia un 7,89 % en outubro

O balance anual segue reflectindo un descenso na venda de coches eléctricos, xa que os de diésel e gasolina seguen á cabeza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

A venda de turismos e furgonetas de ocasión en Galicia caeu un 7.89 % no mes de outubro, con respecto ao mesmo mes do ano pasado, con 9.929 unidades vendidas, das que 8.508 foron turismos e 1.421 foron vehículos comerciais lixeiros.

Así o trasladou Ancove, a Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos, que explicou que, de xaneiro a outubro, transferíronse en Galicia 102.656 vehículos de segunda man, o que supón un incremento do 2,09 % con respecto ao dez primeiros meses de 2022.

Con respecto á 'idade' dos vehículos a nivel nacional, 109.731 unidades de segunda man vendidas en outubro superaban os 10 anos, o que supón un 1,6 % menos que en outubro do ano pasado, aínda que este segmento mantén unha cota de mercado de case o 56 %. Por outra banda, os coches eléctricos volven experimentar un forte incremento, cunha subida nas vendas de outubro do 39,7 %, aínda que o balance anual segue reflectindo un descenso de case o 2 % na venda deste tipo de coches. Os vehículos diésel e gasolina seguen á cabeza en número de unidades transferidas.

Coche eléctrico
Coche eléctrico | Fonte: CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta