A reserva dos Miñarzos, en Carnota, recibe 5.000 exemplares xuvenís de ourizos de mar

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo realizou este xoves a entrega de 5.000 exemplares xuvenís de ourizo de mar que foron procreados nas súas instalacións da Mariña lucense á Confraría de Pescadores de Lira.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/11/2023 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo realizou este xoves a entrega de 5.000 exemplares xuvenís de ourizo de mar que foron procreados nas súas instalacións da Mariña lucense á Confraría de Pescadores de Lira, que se incorporarán aos bancos naturais desta reserva mariña dos Miñarzos, en Carnota.

Os exemplares xuvenís proceden dunha posta que iniciou a súa fase de cultivo larvario en maio de 2023. A idade destes ourizos é de cinco meses e a camada foi dividida en dous lotes. Esta iniciativa inclúese entre as actividades programadas dentro da acción de investigación Xumarou, na que traballan desde 2021 e que busca mellorar os protocolos de cultivo desta especie no criadeiro que a Consellería do Mar ten en Ribadeo.

O equipo de investigadores do CIMA lucense conta cunha experiencia acumulada en proxectos relacionados co ourizo de mar desde mediados dos anos 90. Outra partida será para a confraría de Ribadeo, que será nos próximos meses e determinarase en función da climatoloxía e das mareas.

A Consellería do Mar promove unha acción de investigación dentro da reserva dos Miñarzos, relacionada coas poboacións naturais de ourizo de mar. O traslado desde Ribadeo ata Lira, en Carnota, realizouse nas condicións idóneas de temperatura e humidade, coa finalidade de garantir un transporte que manteña aos xuvenís no seu mellor estado, explica a Consellería do Mar.

Ourizos de mar
Ourizos de mar | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta