Sorpresa na Deputación de Lugo, Elena Candía, do PP, presidenta

O alcalde de Becerreá votouse a si mesmo e non ao candidato que a última hora propuxera o PSdeG para desbloquear o veto imposto polo Bloque. Empate no organismo provincial a doce votos entre socialistas e populares.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/06/2015 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O candidato socialista a presidir a Deputación de Lugo, Darío Campos, e a do Partido Popular, Elena Candiá, empataron con 12 votos na primeira votación para designar presidente da institución provincial.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo | Fonte: Antena3

A votación tivo como resultado 12 votos para Elena Candiá e 12 para Darío Campos, mentres que o que fora anunciado como primeiro candidato socialista, Manuel Martínez, obtivo un voto. A votación repetiuse e saíu o mesmo resultado. 

Manuel Martínez rompeu deste xeito a disciplina de voto do seu partido que a última hora decidiu cambialo como candidato ao organismo provincial por Darío Campos para facilitar así a investidura tras o veto imposto polo Bloque ao alcalde de Becerreá pola súa imputación.

Martínez tomou a palabra no pleno para preguntar se había algún impedimento, precisamente pola súa imputación, a exercer algún cargo na deputación. O recibir unha contestación afirmativa, e en contra das ordes do seu partido, Martínez votouse a si mesmo para presidente o que provocou un empate entre socialistas e populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

14 galegoexiliado

Aí están os nosos políticos pa correxir os erros dos cidadans e facer que o PPoder fique nas mans dos seus lexítimos PProppietarios.

13 Ronaldinho e hijos

O maior responsable (aparte de Manuel Martínez) é o secretario xeral do PSdG, López Besteiro, que permitiu chegar case ata o último momento con semellante persoaxe imputado como candidato á Presidencia. López Besteiro debería dimitir xa por convertir ao PSdG nun esperpeto. Pero tranquilos todos, non o fará. Botará balóns fóra e pegarase ao cargo con Super Glue 3.

12 Castelao

País dos ananos, que dicía Celso Emilio. O que temos non o merecemos, pero desde logo que temos o que queremos, a "imbéciles e escuros" xogando coas nosas vidas e o noso futuro.

11 Cabaleiriño

A ver se no bng hai bemoles para non votar á corrupta de Carmela Silva?

10 comunista independentista

Enésima cagada "tête à tête" do PsoEBNG, como nos vellos tempos. E iso que din que se queren cargar as deputacións. A ver qué fan agora nas outras.

1 Chan Güi

E que é o que fixo mal o BNG? Se o PSOE ten elementos dese calibre o primeiro que terán que facer é expulsalos. Precisamente se o BNG o único que buscase era o posto pois tíñao ben fácil. Votaba ao imputado e todos contentos. Acaso non é a mesma posición que tomaron co concello de Lugo tanto BNG como Lugo en común, aberto ou como lle chamen... A solución téñena ben fácil. O elemento en cuestión é alcalde de Becerreá con 8 concelleiros por 3 o PP. Só teñen que facerlle unha moción de censura e botalo e así nin alcalde nin presidente da Diputación.

2 Amancio

Que ía facer mal? Nada. Este vén acó tocar os fociños como viría se o BNG tivese apoiado o imputado.

3 buli

O de sempre. A culpa do bng .joder, que gente mais bastarda.

4 Roque

Amancio Buli Chan, unha pregunta inocente: falades de coherencia e a limpa Carmela Silva idela tragar como presidenta da Deputación de Pontevedra, verdade? Que marca de vaselina usades no BNG para non atragantarvos? Debe ser boa para deixar pasar semellante señora! Ou haberá compensacións materiais para falilitar a dixestión! Que riquiña Carmela Silva! Gallega bífida, por suposto, e con moita familia ben situada! Onde se xuntan os modelos Pontevedra e Vigo, cos vitalicios Lores Caballeros do PPsoE e BNG!

5 Comunista

Señores do BnG, menos vitimismo barato, e máis autocrítica de verdade. Que cando son outros os que patinan, sodes os primeiros en linchar e en deitar inxurias dende os vosos perfís troll.

6 Aki-848

E segundo vós, todos grandes críticos co nacionalismo, que debía ter feito o Bloque? Deixádevos de leiras... se pensades que con desacreditar ao BNG ides papar ao nacionalismo é que sodes máis imbéciles cós vosos líderes podemitas.

7 fede a carón do concello

O Bloque votará por Carmelita Silva! Iso é o que precisa Pontevedra, a democracia e os cidadáns! Casualidade que primeiro sexa o Bloque o que facilite a alcaldía de Vigi para Caballero e agora a deputación para a dama branca e pura! Carmela Silva é a candidata de Caballero e de Lores! Parabéns pola escolla, tapade o nariz amiguiños de Lores!

8 chiculateade_nos

Comunista_independentista, fedeacaróndoconcello e Comunista, vai con vós: ¿A que non tedes miolos para decir o que debería facer o BNG sobre Manolo Martínez? ¿Agora escapaedes, trolls PPsoeiros? Se non tedes con qué respostar a pregunta sobre Manolo Martínez e que valedes moi pouco. Esperamos sentados a que aparezades