Sorpresa na Deputación de Lugo, Elena Candía, do PP, presidenta

O alcalde de Becerreá votouse a si mesmo e non ao candidato que a última hora propuxera o PSdeG para desbloquear o veto imposto polo Bloque. Empate no organismo provincial a doce votos entre socialistas e populares.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/06/2015 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O candidato socialista a presidir a Deputación de Lugo, Darío Campos, e a do Partido Popular, Elena Candiá, empataron con 12 votos na primeira votación para designar presidente da institución provincial.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo | Fonte: Antena3

A votación tivo como resultado 12 votos para Elena Candiá e 12 para Darío Campos, mentres que o que fora anunciado como primeiro candidato socialista, Manuel Martínez, obtivo un voto. A votación repetiuse e saíu o mesmo resultado. 

Manuel Martínez rompeu deste xeito a disciplina de voto do seu partido que a última hora decidiu cambialo como candidato ao organismo provincial por Darío Campos para facilitar así a investidura tras o veto imposto polo Bloque ao alcalde de Becerreá pola súa imputación.

Martínez tomou a palabra no pleno para preguntar se había algún impedimento, precisamente pola súa imputación, a exercer algún cargo na deputación. O recibir unha contestación afirmativa, e en contra das ordes do seu partido, Martínez votouse a si mesmo para presidente o que provocou un empate entre socialistas e populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

9 Roi Xordo

Se algo ficou claro é que alcalde Becerreá non merecía ser presidente da Deputación de Lugo por manifesta ausencia de nivel ético.

1 Para Roi

De un a dez, en canto situarías ti, Roi Xordo, o nivel ético da candidata do PSOE á Deputación de Pontevedra? Dígocho pensando no que temos escoitado decir ao BNG de Vigo nesta última lexislatura desta Sra.

2 buli

Todos os que estades atacando ao bng por este tema, nom há por onde colher vos. Sedes gente infeliz chea de carragem

8 Marichu

Muchísimas gracias al BNG por su coherencia, gobierna el partido que más votos ha conseguido en la provincia de Lugo.

7 Galega

Todo o meu apoio a Martinez!! Libertad de voto!!

1 Ana

Os representates politicos teñen que votar o que desexen os seus representados e non o que eles queiran. Estou a favor da eleccion por distritos (e non as lista pechadas) e da revocacion de cargos para que o cidadan controle o seu representante e este se deba os seus votantes e non a quen fai a listas pechadas.

6 abraira

O corrupto votouse a si mesmo. Ese é o Psoe

1 Xaxá

Esperemos que o BNG non vote á corrupta en Pontevedra, e siga Louzán. JAJAJAJAJA

5 Ana

A esquerda debe esixir un referendum para que a cidadania decida se queren que sigan existindo as deputacions. Ademais, deben defender as listas abertas e a posibilidade de revocar cargos. Se os representantes tivesen medo a ser revocados polos seus votantes, de seguro que nos evitariamos espectaculos coma este.