Sorpresa na Deputación de Lugo, Elena Candía, do PP, presidenta

O alcalde de Becerreá votouse a si mesmo e non ao candidato que a última hora propuxera o PSdeG para desbloquear o veto imposto polo Bloque. Empate no organismo provincial a doce votos entre socialistas e populares.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/06/2015 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O candidato socialista a presidir a Deputación de Lugo, Darío Campos, e a do Partido Popular, Elena Candiá, empataron con 12 votos na primeira votación para designar presidente da institución provincial.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e aspirante a presidir a Deputación de Lugo | Fonte: Antena3

A votación tivo como resultado 12 votos para Elena Candiá e 12 para Darío Campos, mentres que o que fora anunciado como primeiro candidato socialista, Manuel Martínez, obtivo un voto. A votación repetiuse e saíu o mesmo resultado. 

Manuel Martínez rompeu deste xeito a disciplina de voto do seu partido que a última hora decidiu cambialo como candidato ao organismo provincial por Darío Campos para facilitar así a investidura tras o veto imposto polo Bloque ao alcalde de Becerreá pola súa imputación.

Martínez tomou a palabra no pleno para preguntar se había algún impedimento, precisamente pola súa imputación, a exercer algún cargo na deputación. O recibir unha contestación afirmativa, e en contra das ordes do seu partido, Martínez votouse a si mesmo para presidente o que provocou un empate entre socialistas e populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

4 Eu non nacín no Mediterráneo

Moi ben o BNG, marcando liñas vermella e desmontando aos oportunistas que falaban de non pactar coa "caspa" e nada cos "sospeitosos" de corrupción. Agora perden o cú con tal de pisar moqueta. IU xa non é nada, os canciños da disidencia pre fabricada POTEMOS e a sua 2º "transición" que non vai representar na practica troco de sidnificancia no actual "status" de colonia asoballada, a piques ou camiño do xenocidio cultural e físico, que sobre Galiza. De novo vai ser outra vez marxinada e sen poder de decisión. O BNG ten que concienciar ao pobo de que o expañolismo sexa da cor que sexa, sempre olla para o Mediterráneo, do potencial hunano. cultural e natural de futuro que temos, con políticas centradas na nosa naciób.

1 Chantada nova

Caspa, cal? a da Marca Pontevedra? Caspa é o deputado do BNG que leva na Deputación de Pontevedra desde o século pasado. Por certo, imcumplindo vilmente os estatutos do propio BNG. O que acontece é que o fenómeno é da UPG, e xa se sabe... por riba do ben e o mal.

3 man

Pena de esquerdas...con estes elementos nas suas listas..¿o largaran do PSOE non?

2 Capone

O tal Manuel Martínez está imputado por tráfico de influencias. A próxima imputación pode ser por traizoar a vontade dos seus votantes, quen sabe a cambio de que. Tamayazo?

1 Fartiño

E esta é a alternativa que propoñen os do SOE e os Bloque... Ide para casiña. Andades xogando cos carguiños e os cartiños e logo pasa o que pasa, que a avaricia rompe o saco. Facede o mesmo na Coruña tamén. En Pontevedra non hai colhóns porque alí mandan Lores e Caballero que son máis listos que os parviños que teñen estes dous partidos nas súas direcións.

1 Leike

Non, está claro: esa é a alternativa que propoñen os do PP. Imaxinade este tipo gobernado a Diputación: que intereses ía servir? PSOE, como non andes fino vaiche pasar o mesmo nas outras!