Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2023 | Actualizada ás 20:25
Poderíades mencionar o nome dunha científica? Se a resposta é negativa, queremos poñerlle solución. Desde o Galicia Confidencial presentamos ás '#Galicientiticas', mulleres científicas que traballan dentro do ámbito da USC e que levan a cabo investigacións e estudos pioneiros. Atópanse en centros singulares da Universidade como o CIQUS, CITIUS, CIMUS, IGFAE ou en distintas facultades, e aportarán unha visión da súa profesión e de diferentes temas.
Cunha serie de entrevistas tentaremos que vós tamén as coñezades e concienciar da importancia que teñen as súas investigacións na totalidade da sociedade. Cada semana sairá unha reportaxe e nas nosas redes sociais teredes a oportunidade de ver cómo traballan nos seus respectivos ámbitos. A intención é que poidades resolver a cuestión inicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.