Aitana, cabeza de cartel no PortAmérica e no Morriña Fest 2024

A organización do festival PortAmérica, que se celebra en Caldas de Reis revelou este venres o primeiro avance do seu cartel, que conta con artistas de ambos os lados do Atlántico como Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla, Xoel López e Milo J, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2023 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A organización do festival PortAmérica, que se celebra en Caldas de Reis revelou este venres o primeiro avance do seu cartel, que conta con artistas de ambos os lados do Atlántico como Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla, Xoel López e Milo J, entre outros. O Morriña Fest tamén confirmou a Aitana como cabeza de carteleira. Con Aitana como única artista confirmada polo momento, o Morriña Fest avisou de que confirmará en poucos días a máis artistas, ademais de información sobre as entradas do festival, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo na Coruña. 

Primeiras confirmacións do PortAmérica 2024
Primeiras confirmacións do PortAmérica 2024 | Fonte: PORTAMÉRICA

O PortAmérica, pola súa banda será os días 4, 5 e 6 de xullo na Azucreira de Portas, Caldas de Reis. Os 'abonos crentes' que sacaron á venda, cando só anunciaran as súas datas, esgotáronse en menos de dúas horas. Agora que se coñecen as primeiras confirmacións do seu cartel, os abonos para esta edición sairán á venda o vindeiro martes 28 de novembro ás 12.00h.

ARTISTAS CONFIRMADOS PARA O PORTAMÉRICA 2024

Entre os nomes destacados, ademais de Aitana que empezou a súa nova xira este novembro, figuran Arde Bogotá, Vetusta Morla ou Xoel López, artistas que soaron en máis dunha ocasión este verán nos festivais galegos. Milo J, un dos expoñentes máis destacados do trap e hip-hop arxentino, tamén foi confirmado. Desde o outro lado do Atlántico tamén actuarán o cantautor brasileiro Toquinho, mestre da bossa nova, e o mexicano Caloncho, de estilo poético e relaxado.

Cunha proposta musical "moi particular" segundo a organización do festival, Son Galo Negro rescatarán as raíces da música tropical psicodélica. Outro artista do panorama español é Carlos Sadness, que conta cun Grammy Latino por marca de escoitas en México. Cun estilo máis rockeiro, o PortAmérica confirma que actuarán tamén Burning e Standstill (pioneiros do rock experimental).

Dentro da música galega, o festival contará co grupo The Rapants, que tocaron en varios festivais durante o verán, como O Son do Camiño, e con Mondra, que se deu a coñecer este ano. A organización do PortAmérica explica que "a diversidade de xéneros e estilos" amplíase coa incorporación de Rodrigo Cuevas. Tamén estarán no festival A Randeeira Asasina, Shinova, Sarria e a canaria Marilia Monzón.

Ademais dos cantantes e grupos, o festival confirmou algúns nomes dos chefs que participarán na edición. Comisariados por Pepe Solla, os confirmados son Begoña Rodrigo, Édgar Núñez, Javi Estévez, Javi Oleiros, Luís Lera, Lydia do Olmo e Xosé Magallaes, Rodrigo García e Nagore Irazuegi e Victor Martín, polo momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta