O sector cárnico galego ten un gran potencial, pero ameazado pola caída do consumo de carne nos países desenvolvidos

Un informe do Foro Económico de Galicia apunta á fortaleza do sector cárnico galego, con potencial de crecemento na produción prémium, pero avisa de varias "materias pendentes" por falta de substitución xeracional, aumento de tamaño de explotacións e profesionalización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Un informe do Foro Económico de Galicia apunta á fortaleza do sector cárnico galego, con potencial de crecemento na produción prémium, pero avisa de varias "materias pendentes" por falta de substitución xeracional, aumento de tamaño de explotacións e profesionalización. Os autores do traballo, José Manuel Andrade e Alfonso Ribas, avogan por que este sector cre sinerxías con outros de face a unha visión estratéxica para mellorar o impacto económico, social e ambiental.

Galicia sitúase como oitava comunidade máis produtora de carne en España. Entre 2004 e 2022 prodúcese un incremento moi moderado, ao redor do 4 %. Superou as 420.000 toneladas en 2020. Os autores avisan de que un dos retos que afronta o sector é a caída do consumo en países desenvolvidos, cunha maior preocupación da sociedade polo medio ambiente e o benestar animal. E é que hai un descenso continuado nos últimos anos. Aquí ábrense oportunidades como novos mercados ou produtos de maior valor engadido.

Informe do Foro Económico sobre o sector cárnico
Informe do Foro Económico sobre o sector cárnico | Fonte: FORO ECONÓMICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta