Rueda, do nomeado "a dedo" por Feijóo a voar con estilo propio

A súa vitoria incotestable fai que deseñe un goberno a súa medida e poida quitarse o "sambenito" de Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2024 | Actualizada ás 00:05

Comparte esta noticia

Rueda é o gran vencedor destas eleccións. Unhas eleccións que eran un plebiscito cara a súa persoa tras o "sambenito" de presidente 'a dedo' que lle puxera Feijóo. Ao final, o presidente "a dedo" saíu máis reforzado desta cita electoral que o seu antecesor que pinchou na recta final da campaña coa súa oferta de amnistía a Puigdemont. 

O presidente da Xunta de Galicia e líder do PPdeG, Alfonso Rueda.. Gustavo da Paz - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia e líder do PPdeG, Alfonso Rueda.. Gustavo da Paz - Europa Press

A vitoria de Rueda é súa, non de Feijóo, pero sirve para darlle folgos ao seu ex xefe. Rueda quería afastar a mensaxe en clave estatal que impuxo Feijóo; Puigdemont, amnistía, ETA ou Bildu. Unha mensaxe que, ao final, inxectou enerxía e pulo á lista do BNG. 

A diferencia de Feijóo, O novo líder popular galego quixo imprimir o "estilo Rueda', un estilo menos agresivo que o do seu antecesor. E, semella que o tempo, e os resultados, danlle a razón. Se como icona de precampaña Feijóo apostaba por un banco azul para falar "de ti a ti" coa cidadanía, Rueda viaxou cun 'bus' no que convidaba a cañas (sen alcol). Un bus, o de "Rueda con Rueda" que lle funcionaou con ese estilo "máis claro e directo" e mesmo "máis fácil de entender" que o dos Peares. De feito, o xeito de Rueda conseguiu o que non puido facer Feijóo, nin antes Fraga; rematar co poder de Baltar.

Rueda emerxe agora no PP e no Estado como un dos novos e importantes baróns populares e dálle osixeno a un Feijóo que estaba en horas baixas e moi cuestionado. Un osixeno que lle vai ir moi ben para recuperar poder interno e, sobre todo, enfrontarse a súa besta negra, Pedro Sánchez, que sae tocado destes comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta