Campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectales de Galicia

Lanzada pola Xunta e a USC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron este martes na aula CEMIT de Porto do Son na presentación da campaña 'AgasallaNós' de doazón de voz para o Proxecto Nós.

Segundo explican nun comunicado, trátase dunha iniciativa que a Xunta lanza xunto á USC e que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.

O conselleiro destacou que a finalidade desta campaña é "crear un rexistro o máis variado posible". Para iso, "é preciso contar cunha gran cantidade de xéneros, idades e variedades dialectales que axuden a ampliar e enriquecer o rexistro do noso patrimonio oral e asegurar un maior perfeccionamento desta tecnoloxía".

Este martes recolleranse mostras vocais de forma presencial na proba piloto habilitada na aula CEMIT de Porto do Son, que estará aberta ata as 20,00 horas. Tamén se poderá facer telematicamente a través do novo espazo webdoagalego.nos.gal creado para esta iniciativa, na que está integrada a ferramenta Common Voice, a aplicación de referencia a nivel mundial para a recollida de voces para o seu uso en materia de tecnoloxías lingüísticas.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o reitor da USC, Antonio López, inauguran unha xornada divulgativa sobre o proxecto 'Nós' de intelixencia artificial sobre a lingua galega.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o reitor da USC, Antonio López, inauguran unha xornada divulgativa sobre o proxecto 'Nós' de intelixencia artificial sobre a lingua galega.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta