Andrea Cascallar, a galega que se convertiu na primeira española co premio á mellor tese da Sociedade Europea de Lóxica Difusa

A súa investigación céntrase no desafío de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as 'Protoformas Cuantificadas Difusas' coa 'Xeración da Linguaxe Natural', ámbito crave da Intelixencia Artificial que facilita a comunicación entre persoas e máquinas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/01/2024 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu no Pazo Provincial a Andrea Cascallar, a primeira muller española en gañar o premio Best PhD Thesis Award da Sociedade Europea de Lóxica Difusa e Tecnoloxía (EUSFLAT). "Esta provincia está chea de talento e desde a Deputación estamos a traballar para promovelo e visibilizarlo", sinalou o vicepresidente provincial, que enxalzou o papel da moza de Cerponzóns como "referente feminino nun campo tan masculinizado como son as STEAM".

Andrea Cascallar, que actualmente traballa en Data Scientist, converteuse con 30 anos na primeira muller española en gañar o citado premio. Ata a data, só o recibiron outras tres mulleres en Europa. "É un orgullo para a provincia", destacou o vicepresidente, que ademais aproveitou a ocasión para desexarlle moitos éxitos na súa carreira.

Pola súa banda, a científica agradeceu á institución o apoio prestado e reivindicou o talento da provincia e "a importancia e necesidade de recoñecelo". O vicepresidente tamén remarcou a importancia da tese desenvolvida pola científica, centrada na Intelixencia Artificial, "un mundo novo e pouco coñecido". A investigación céntrase no desafío de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as 'Protoformas Cuantificadas Difusas' coa 'Xeración da Linguaxe Natural', ámbito crave da Intelixencia Artificial que facilita a comunicación entre persoas e máquinas.

A presidenta de Eusflat, Susana Montes, entrega o premio a Andrea Cascallar
A presidenta de Eusflat, Susana Montes, entrega o premio a Andrea Cascallar | Fonte: USC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta