Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

21 manuel

Non se preocupe,disculpas aceptadas.
Home non sei,pero comparar os escritos ou as obras de Suso de Toro con Cunqueiro e como comparar,na miña opinión,a Quevedo con Dinio.
Saudos

20 tinto

Disculpas se entendeu vostede que lle chamei nazi. Era unha cita e non trataba de sinalar a ninguén como nazi. tampouco eu terei en conta que vostede me chame borracho. Mire, eu penso que Galiza é máis olímpica en cultura que no deporte. Mágoa que o que fai Ferrín, Suso de Toro, Reixa, Beiras, Cristina Pato, Iolanda Castaño, e un longo etc entre os vivos e Cunqueiro, Rosalía, Casares, castelao... e outro longo etc entre os finados, non sexa materia para dar medallas de ouro. Seguro que seriamos unha potencia mundial. Facer saber ao mundo que temos literatura, música, pintura, escultura, audiovisual propio, non creo que se pague cun par de millóns de euros. Molesta que fora na Habana?. Molesta que houbera convivio para os asistentes con mojito incluído?. En comidas e bebidas gasta máis calquera concello ou deputación de galiza que o que se gastou en Cuba en calquera acto cívico.
Canto custaron as viaxes da deputación a China?. Canto as da Xunta?. Eu estou a favor que as administracións dean conta dos gastos pero como dicía alguén neste foro ou noutro: Non confundamos a roupa íntima de Pilar Miró (que grande cineasta) co escándalo de Matesa, Marbella, e outros máis.

19 manuel

Ao tal tinto este,que o seu nome supoño que debese ao viño porque senon non se entende que me chame nazi de esa maneira gratuita,dicirlle que por desgracia en Galicia carecemos dunha boa cultura,porque se a nosa cultura e o señor Reixa ou o señor Suso del Toro mal imos e xa estamos vendo que coa conselleira dos mojitos dos dous millóns isto vaise a pique.

18 galego do común

É difícil axudar a quen non se quere deixar axudar.
O que máis fai política co deporte aquí é o señor Cal ó cal (valga a redundancia) non lle gusta recibir pasta dunha consellería nacionalista e "esquécese" de solicitar as bolsas da consellería de deportes. Pero está encantado da pasta que recibe da deputación de Pontevedra e en eloxiar en público ó señor Louzán.
Esqueceuse o señor Cal se tanto lle gusta dicir as verdades que se os mojitos corren "de su cuenta" (canto custan 400 mojitos en cuba, 400 euros?) que os viaxiños a Pequin dos membros da deputación de Pontevedra tamén corren da súa conta, pois son ben máis cartos que os mojitos e vender coma apoio ó deporte unha viaxe de placer a Pequín para apoiar ós nosos deportistas home que queredes que vos diga...
Tamén lle podería dicir ó señor Cal que os seus foron os que fixeron a cidade da cultura (o 80% do financiamento sen posibilidade de volta atrás ó inicio desta lexislatura) e con esos cartos poderíamos ir tódolos galegos a pequín a animalo.

Máis o señor Cal ten unha memoria selectiva, ten claro a quen quere beneficiar cos seus triunfos e non é a todos os galegos, só ós da súa corda. É mágoa que non sexa xusto e non diga que non se quixo deixar axudar e sí quixo vender que era por problemas políticos con el cando é xusto ó revés.
En fin, cando se presente de concelleiro por Cangas do Morrazo ou de conselleiro de deportes polo PP algúns comenzarán a entendelo todo.

17 Farto

Nin un puto euro dos meus impostos para a mafia da piragüa