Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

16 tinto

Proxección internacional da NOSA CULTURA. Está o Depor promocionando a nosa cultura?. seica Lendoiro escribiu algunha novela e eu non estiven atento. Para a anónimo e manuel podese aplicar aquilo de Goebel (como se scriba o nome do ministro nazi). "Cando escoito a palabra cultura boto man da pistola".

15 manuel

moi boa anónimo toda a razón do mundo,por desgracia a Galicia fora de España non se conoce por nada salvo polo Camiño e o Depor e agora en Cuba gracias aos dous millonciños pagados por nos a señora Bugallo,que de ten "roxa" ten o que eu de fraile,mira como non gasta do seu,carallo,pra a nacionalista do nabo,ja ja

14 anónimo

"proxección internacional da nosa cultura"??? Desgraciadamente fixo máis o Dépor nun ano en Europa que todos os conselleiros de Cultura e Manolos Rivas xuntos

13 tinto

Carallo, a conselleira contesta a unha interpelación do deputado López Chaves do PP no Parlamento. O entorno de David Cal síntese molesto coas cifras dadas pola conselleira; di que son mentira; e solta unhas estupideces escritas por outros. A consellería non entra ao trapo e simplemente da cifras (como é a sua obligación). Conclusión: "a conselleira anda desnortada"!. Manda carallo!. Eu a conclusión que tiro é a seguinte: o PP está moi fodido coa consellería. O entorno de Cal, militante do PP recoñecido e de élite tamén, está tamén fodido; Cal está fodido porque non está afeito a que teña que pidir as subvencións e que se poda dicir publicamente canto levou cada quen; ant-caci-quins está fodido vai ti a saber por que pois sempre se molesta coas actuacións das consellerías do BNG (medio rural, cultura...); e un montón de fachas nacionalistas españois están fodidos polas seleccións galegas, o traballo da memoria histórica, a proxección internacional da nosa cultura; etc, etc.

12 anti-caci-quíns

a ver si nos situamos: seguramente cal vai sobrado. non vou ser eu quen o defenda. tampouco hai que negarlle ata onde chegou con axudas e sen elas. si ben é certo que non me gusta un pelo a instrumentalización que fai o pp do seu asunto.

agora ben, que a conselleira caia nesa liorta menor, demostra ás claras que está desnortada e que o seu tempo na primeira liña politica rematou ... fai tempo.

limpeza na conselleria de cultura, ¡¡¡xa!!!