Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

6 jose

Coño,tienes datos de eso señor Estevo?.Porque como sabrás acusar de algo sin pruebas no esta bien,es más en según que sitios podrían llevarle a juicio.

5 Estevo das Estrivadas

É usado polo PP e a Deputación de Pontevedra para atacar á Xunta.

É o deportista mellor pagado pola Xunta e ainda ten a desvergoña de pór a feder á Consellaría de Deportes.

Penso que a Consellaría debería de investir mais no deporte de base e menos nestes deportistas que ben poden conseguer esponsors privados.

4 Xerman

Contemos algo das axudiñas a cultura.Acábase de estrear unha ópera ( de moi dudosa calidade) feita por un Subdirector Xeral ( Juán Durán) ,persoa que nunca se formou na composición e direccion.Pero dende que está na Xunta deulle a febre de compoñer dedicándolle obras a uns e outros para ter estreas.
O problema non é que xunte unhas notas ou non (mais non fai).O problema ven cando logra millóns de pesetas da Conselleria da Presidencia para que os amigos da opera poidan facere a estrea de tal mini-ópera( ou como ridiculamente lle deron en chamar :opera de cámara .
Por outro lado a terceira orquestra de Galiza,a Sinfónica de Melide téñenna na picota.Un traballo do Compositor e Director ( de formación e de exercicio) Fernando Arias, que prácticamente so ten músicos galegos, frente as outras duas Sinfónica e de Galicia que por ter apenas ten músicos españois.
Eiquí estánse a lucir,por un lado o PSOE e por outro o BNG.
Como nos están a defraudar estas esquerdas ( ?) .Do PP xa non esperábamos nada ,pero moitas ilusións viñéronse abaixo . XERMÁN

3 Torito

Xa lle direi o Conselleiro de ECONOMÍA QUE NON SEXA TAN CATIVO COA Anxela e que lle den a cal o que de Cal e a deus o que e de deus.

2 Iago

E por que ninguén se plantexa a conveniencia de gastar eses cartos públicos na promoción do deporte de elite en lugar de usalo no deporte base? O deporte como actividade social e de saúde pública debe ser apoiado polas administracións, pero o deporte profesional? Para poder sacarlle rendemento mediatico ás medallas, probablemente.