Polémica en Viana do Bolo pola suba da entrada da Festa da Androlla

Pasará a custar 30 euros. O Bloque pide que se reduzan os custes do prato, quitando o cordeiro.

Por Galicia Confidencial | Viana do Bolo | 30/01/2024 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Festa da Androlla tamén pode acabar en conflicto político. En Viana do Bolo hai unha polémica no concello pola suba do prezo da entrada deste evento que pasa de 20 euros a custar 30 euros. 

Androlla
Androlla

O BNG denunciou xa esta suba "desproporcionada" no prezo imposta polo actual goberno do Partido Popular. Propón reducir os custes, "quitando o cordeiro e só dar o vaso conmemorativo". "Non podemos converter a festa de exaltación do noso manxar máis exquisito e representativo, nunha festa prohibitiva para as familias vianesas", denuncian os nacionalistas nun comunicdo.

Foi un acordo municipal entre o PPdeG e o PSdeG no pasado pleno o que incrementou en 10 euros a suba do prezo da entrada da festa da androlla. Un incremento que os dous partidos xustificaron polos custes que supoñía as arcas municipais a festa da Androlla. Este ano o menú foi adxudicado en 83.610 €.

Os nacionalistas votaron en contra argumentando que no ano 2020, último ano que este partido estivo na alcaldía, non había cordeiro e os custes do menú eran uns 20.000€ menos que os deste ano. O BNG denuncia que esta suba de prezos afectará tanto a festa en si, como o Entroido de Viana, moi concurrido nestas datas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta