Novo golpe ao TSXG; o Tribunal Supremo considera que a Xunta actuou ben autorizando o parque eólico Corme G-3

O TS di que non se incumplen os trámites de información pública nin a súa repercusión no medio ambiente como alegaba o alto tribunal galego. A sentenza abre a porta a desbloquear outras suspensións

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2024 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo considerou axustado a dereito o acordo da Xunta de Galicia, de 7 de novembro de 2019, que aprobou definitivamente o proxecto do parque eólico de Corme G-3, no termo municipal de Ponteceso. O alto tribunal estima así os recursos da Xunta de Galicia e a mercantís EGA, Asociación Eólica de Galicia e EDP Renovables España, S.L.U. contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulou devandito acordo.

Afectación do parque eólico Salgueiras e repotenciación do Parque eólico de Corme
Afectación do parque eólico Salgueiras e repotenciación do Parque eólico de Corme | Fonte: remitida

O Supremo basea a estimación dos recursos nos mesmos argumentos que os expostos na súa sentenza, do pasado 21 de decembro, na que considerou conforme a dereito tamén a aprobación provisional do mesmo proxecto. O tribunal conclúe que as cuestións que se suscitan neste proceso, referido á aprobación definitiva do proxecto, "son coincidentes en todo punto, ás suscitadas no proceso de referencia, no que se estudou a aprobación provisional". "Polo que, en virtude dos principios de unidade de doutrina e de igualdade na aplicación e interpretación das normas, reafírmanse no declarado na anterior resolución", recolle.

Deste xeito, o Supremo determinou nas súas sentenzas que non concorrían as causas de anulación dos acordos que sostivo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, relacionadas co trámite de información pública no procedemento de avaliación de impacto ambiental, e que non foi contraria nin a Directiva europea sobre avaliación de repercusión de proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, nin a Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta